O mércores no cursiño que estou facendo de "Técnicas de pintura" un compañero mantiña que existe a felicidade, máis coma el o expresaba, para min non existe.
Creo que simplemente hai momentos e cousas, ás veces poi pequeniñas, que nos fan felices (non sexamos tan parvos que os deixemos pasar sen gozar deles)
Fai tempo escribín unha poesía (...) con est título, vouvola mandar a ver que os parece.
Ahí vai:
A FELICIDADE
Todos buscamos a felicidade.
Polo que parece, non é cousa fácil.
Coma a auga escorrégase polas mans,
témola agarrada, e nun intre,
xa non estamos seguros de habela perdido, sen tela tocado.
Hai anaquiños de felicidade, é bo mimalos, agarralos,
gardalos cá cobiza coa que o vello conta as súas moedas,
e non esquecelos.
É saúde. Ë diñeiro. É amor.
É un "cóctel que se bate e se bate, e non fai ebulición.
Ten moito que ver, coa nosa vulnerabilidade,
coa limpeza da nosa mirada, coa grandeza do noso sentir
.
No é imposible, pero é difícil. Non imos renunciar a ela
Se amedrentámonos, pasará a noso lado.
E con nosos pesares, ansias perigosas, vertixe dos éxitos,
e outras necedades, pasará de largo cal Raíña Intocable
